Estimado cliente,
Estamos orgullosos de anunciar que a Correduria de Seguros Sueiro e a Correduria e xestión de Seguros Toñito, decidiron que é o momento perfecto para unir as fortalezas de ambas e iniciar unha andaina conxunta integrándose nun mesmo proxecto de futuro.
A unión, realizase baixo a denominación de Correduría de Seguros Sueiro S.L, e suporá a continuidade de dous proxectos empresariais locais e de todas as persoas que os compoñen, quén a partir do 3 de abril recibiránvos en:
Oficina de Vázquez de Parga, 3,
Carballo
Teléfono : 981 75 45 44
segurostonito@sueiro.es
Tras as incorporacións feitas en A Estrada, Ponteceso e Corcubión, o plan de crecemento do proxecto de Seguros Sueiro complétase agora en Carballo coa integración dunha correduría moi consolidada con unha dilatada experiencia profesional na mediación de seguros e un profundo arraigamento na sociedade carballesa.
Convertémonos agora nunha das primeiras corredurías de Galicia, de capital 100% galego, con máis de 6,5 millóns de primas , perto de 8.000 clientes, entre eles 652 empresas, e 9 oficinas.
Traballamos con máis de 45 aseguradoras coa intención de ofrecerche o mellor servizo e seleccionando as garantías e os prezos de forma totalmente personalizada. Cada día, 20 profesionais altamente cualificados esfórzanse por seleccionar solucións e a mellor atención, a través do noso propio departamento de tramitación de sinistros, para acompañarte cando máis o precisas.
70 anos de traballo avalan a nosa traxectoria e demostran que estás nas mellores mans para garantir a tranquilidade da túa familia, patrimonio e empresas.
Grazas por confiar no noso equipo, que agora se amplía dando a benvida a Toñito, a Javier Rodríguez e a Toni García á familia de Seguros Sueiro.
Como sempre seguiremos ao voso lado para ser unha man segura.
Unha aperta de todo o equipo de Seguros Sueiro.
|